

CIRCONOVE NAVE DE CIRCO
NOVO CIRCO

Formación, adestramento, ensaios, creación e producción
CAMPAÑA RESISTE
Queridas amigas, queridos amigos,
Despois de máis de 20 anos de historia, este espazo de circo –a nosa casa, escola e punto de encontro- corre o risco de desaparecer. A nave na que traballamos, adestramos e partillamos cultura saíu a venda e decidimos dar un paso xigante: mercala colectivamente para asegurar o seu futuro e o de todo o que alí ocorre.
​
Durante estes anos, CircoNove foi moito mais que un lugar de adestramento. É onde nacen espectáculos, fórmanse novas xeracións de artistas, realízanse talleres sociais e se crean redes entre persoas e colectivos de ámbitos moi diferentes. É un espazo vivo, autoxestionado e aberto, que queremos seguir coidando entre todas e todos.
Para facer isto posible, precisamos dous tipos de apoio:
-
A túa aportación económica, do tamaño que ti elixa, nos acerca a manter viva esta casa do circo.
-
A túa axuda na difusión, compartindo a campaña entre os teus contactos, en redes ou sinxelamente contándoo a quen puidera interesarlle. Cada persoa que se decate suma.
​
Cada apoio conta, cada mensaxe compartido multiplica.
Coa túa axuda, CircoNove pode seguir sendo ese espazo libre, creativo e acolledor que tantas veces nos reuniu.
Grazas de corazón por estar aí, por crer e por axudarnos a facelo posible.
Unha aperta grande,
Colectivo CircoNove

.jpg)